Primeira parada
Igrexa da Pobra de San Xiao
Comezamos na igrexa da Pobra de San Xiao, onde celebraremos a cerimonia.
✳ Andrea e Fran casan ✳
Agora e sempre.
15 de maio de 2027 · Pobra de San Xiao
Imos celebrarUnha invitación moi especial
Hai días que merecen unha festa ben grande e, sobre todo, boa compañía. Nós xa temos a data, o lugar e moitas ganas de celebralo convosco.
Así que gardade o día e preparádevos para desfrutar. Agardámosvos na nosa feira!
Andrea ♡ FranA conta atrás
15 de maio de 2027 · 12:30, hora provisional
Ata as 12:30 en Galicia · hora provisional
Gardade a data.
O mellor está por vir.
Así imos celebrar
Un pequeno adianto do que nos espera. Pronto compartiremos todos os horarios.
Igrexa da Pobra de San Xiao
Pazo Casa Grande
Pazo Casa Grande
Pazo Casa Grande
E despois… que non pare a festa ✳
O mellor da festa
Onde nos vemos
A cerimonia e a celebración están moi preto. Non fai falta coller o coche entre unha e outra!
Primeira parada
Comezamos na igrexa da Pobra de San Xiao, onde celebraremos a cerimonia.
Seguimos a festa
Aperitivos, banquete e festa agárdannos xusto ao lado da igrexa.
Da igrexa ao pazo, imos andando.
O coche pode quedar no seu sitio.
Para chegar sen présas
En coche ou en bus, aquí teredes todo o necesario para chegar á feira.
Hai aparcamento ao lado da igrexa e tamén zonas para aparcar no pobo. Outra opción está preto do pazo.
Haberá información sobre as paradas e os horarios de ida e volta máis adiante.
Paradas e horarios por confirmarEstamos preparando unha recomendación de aloxamento no centro de Lugo, con desconto para os convidados.
Aloxamento e condicións por confirmarAs cousiñas importantes
Todo o que cómpre saber para desfrutar sen preocupacións.
Á mesa
Se tes algunha intolerancia, avísanos: podemos adaptar o menú. Tamén haberá opcións vexetarianas e veganas.
Sen complicacións
Non hai código de vestimenta. Trae as túas mellores galas, pero sobre todo ven cómodo e preparado para desfrutar.
Normas da feira
Non se permiten animais vivos, sobre todo cabras. E, por suposto, queda terminantemente prohibido non divertirse e non bailar!
O máis importante
Para nós sería unha alegría inmensa celebrar este día contigo. Pronto poderás confirmar a túa asistencia aquí.
Formulario e data límite por confirmarTes algunha dúbida? Fala con Andrea ou Fran no seu teléfono persoal, se xa o tes.